viernes, 11 de abril de 2008

A Fundación Fuertes presenta a súa programación TIC

A Fundación Fuertes organiza durante os meses de Novembro e Decembro unha serie de cursos dirixidos a persoas en risco de exclusión social (persoas con discapacidade, desempregados, maiores de 45 anos, inmigrantes, emigrantes retornados…)

Tales accións formativas realizaranse en Fene e versarán sobre tecnoloxías da información e das comunicacións.

O primeiro dos cursos a impartir, financiado polo Fondo Social Europeo e a Vicepresidencia de Igualdade e Benestar, encuádrase como unha das accións do II Plan Galego de Inclusión Social. Esta accción está dirixida a persoas sen grandes coñecementos previos na materia e inclúe tres módulos: iniciación á informática, ofimática e atención ó cliente.

A seguinte acción formativa dará comenzo o próximo 5 de Novembro e estará cofinanciada pola Consellería de Innovación e Industria, Dirección Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información. Tal acción diríxese a persoas cun nivel medio de coñecementos e oríentase á obtención de certificados de Microsoft.

As persoas interesadas en asistir poderán poñerse en contacto coa Fundación Fuertes no número 662130795 ou ben a través da dirección de correo electrónico orientacionlaboral@fundacionfuertes.org

No hay comentarios: